Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

12 feb 2013

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO

Recordade que tedes que ir perfeccionando o voso mapa mental- conceptual sobre o UNIVERSO, xa que na semana do 18 ao 22 de febreiro, teredes que explicar o voso propio mapa.


Para aclarar conceptos e recordar os aprendidos, pasade ao portafolios todo o que fomos aprendendo sobre o UNIVERSO: 

Aquí tedes un enlace cos conceptos traballados (ir).

Non vos olvidedes que imos realizar tamén un xogo, tipo trivial na aula para comprobar o que tedes aprendido.


O xoves 14 e o venres 15, darémoslle unha nova oportunidade á MAQUETA DO SISTEMA SOLAR, se non se remata nesas dúas sesións, repartiredes o traballo entre os membros do grupo, e cada un fará a parte que lle toca na súa casa... Deixaremos unha sesión máis para montar a maqueta unha vez que traiades todo rematado.

1 comentario:

  1. Jajaja!! A nosotros non nos vai a dar tempo a rematar a maqueta do sistema solar pero faremos o que poidamos. Graciias por darnos outra oportunidade profe Fani! :) Saludos : ANA DOSIL

    ResponderEliminar