Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

26 feb 2013

AVALIACIÓN DE COÑE

Hoxe finalizamos á avaliación desta parte do Proxecto: Nós no Universo. 

Nos próximos días imos comezar a traballar coa Terra e todo o que iso conleva: os movementos, as capas da Terra, representacións da Terra, o relevo, xeografía (mapas, ríos, mares, océanos, montañas, chairas...), a Lúa, estados e ciclo da auga, materia, enerxía... Un montón de cousas novas!

Nestes días, os nenos e nenas de 5ºA presentaron os seus mapas conceptuais sobre o Universo, e explicaron todos os conceptos que figuraban neles (e algúns que non puxeron pero sí que sabían á perfección).

Hoxe fixemos un xogo: O Tivial do Universo, que era a segunda parte da avaliación... A que os exames tamén molan?

Aquí vos deixo o enlace ao Trivial, está en PDF para que o poidades ver en calquera ordenador... (ir)


Cada alumno/a tiña que responder correctamente ás dúas preguntas que lle tocaban, para conseguir unha peza dun puzzle, ao final, coas pezas reunidas entre todos os membros do grupo, debían adiviñar que se agochaba tras ese pluzzle.

Recapitulamos un pouco...

Ao longo do proxecto do Universo, fomos traballando:

- Cómo se formou o Universo: teoría do Big Bang.

- Os diferentes astros que compoñen o Universo e as súas características: estrelas, planetas, satélites, cometas, asteroides, meteoritos, estrelas fugaces... galaxias, constelacións, sistemas...

- Aprendemos a buscar información en Internet, a seleccionala e a elaborar a nosa propia.

- Iniciámonos na elaboración de mapas conceptuais.

- Aprendemos a pasar dunhas unidades de medida a outras (unidades astronómicas, anos luz, quilómetros... e para iso traballamos cos números decimais).

- O Sistema Solar: quen o forma e cómo funciona.

- Teorías relacionadas co Sistema Solar: xeocéntricas e heliocéntricas xunto cos principais astronómos de cada unha.

- Elaboramos unha maqueta do Sistema Solar, respectando as distancias entre os planetas e o Sol, e os tamaños e características físicas dos diferentes corpos.

- Elaboramos unha liña do tempo e situamos nela os astrónomos (traballamos aquí os séculos e ás súas relacións cos anos, calculamos datas de nacemento e morte, calculamos medias aritméticas e situamos unha data dentro dun século).

- Lemos e comentamos textos sobre as misións espaciais, a Guerra Fría, e os animais no espazo.

- Coñecemos diferentes observatorios astronómicos e diferentes tipos de aparellos que o home envía ao espazo.

1 comentario:

  1. Hola! É uncreíble pouco a pouco fomos aprendendo un monton de cousas do UNIVERSO.Gustame moito este proxecto! :)

    ResponderEliminar