Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

PARA AS FAMILIAS


Xustificación de faltas de asistencia   (ir)

Horario 5ºA (ir)



Decreto de currículo da Educación Primaria (ir)Neste enlace podedes atopar todo o relativo aos contidos e obxectivos a traballar ao longo de toda a Educación Primaria, tamén as metodoloxías e a maneira de traballar nas aulas proposta pola Consellería.

Metodoloxías e competencias básicas (ir). Aquí explico un pouco as metodoloxías educativas e as oito competencias básicas que establece a lexislación actual.



PROXECTO ABALAR

O proxecto Abalar, é un proxecto de incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ás aulas de primaria. Con isto a Consellería de Educación, busca que se incorporen as novas tecnoloxías á aula, pero tamén que se adapten as metodoloxías de ensinanza a elas.

Aquí tedes un enlace para acceder á páxina oficial de ABALAR:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

¿Que se pretende con Abalar? (ir)


Irei actualizando este apartado do blogue con diferentes documentos que vos axuden a comprender a necesidade das tecnoloxías no proceso de ensinanza- aprendizaxe dos vosos fillos. Espero que vos sexa de utilidade para poder axudalos na súa carreira cara o coñecemento.


Aprendendo a buscar información en Internet (ir)Espero que este documento vos sirva para poder axudar aos vosos fillos/as no seu proceso de aprendizaxe, xa que as TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) están á orde do día nas aulas. Nel explícase como utilizar os buscadores para atopar a información desexada máis rapidamente.

As WEBQUEST: Que son? (ir). Neste documento proporciono toda a información necesaria para que entendades un pouco máis o que significa traballar por competencias e a aprendizaxe constructivista a través das webquest. Explícase o que son, para qué serven e a estrutura que teñen. Espero vos sirva de utilidade.