Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

26 feb 2013

AVALIACIÓN DE COÑE

Hoxe finalizamos á avaliación desta parte do Proxecto: Nós no Universo. 

Nos próximos días imos comezar a traballar coa Terra e todo o que iso conleva: os movementos, as capas da Terra, representacións da Terra, o relevo, xeografía (mapas, ríos, mares, océanos, montañas, chairas...), a Lúa, estados e ciclo da auga, materia, enerxía... Un montón de cousas novas!

Nestes días, os nenos e nenas de 5ºA presentaron os seus mapas conceptuais sobre o Universo, e explicaron todos os conceptos que figuraban neles (e algúns que non puxeron pero sí que sabían á perfección).

Hoxe fixemos un xogo: O Tivial do Universo, que era a segunda parte da avaliación... A que os exames tamén molan?

Aquí vos deixo o enlace ao Trivial, está en PDF para que o poidades ver en calquera ordenador... (ir)


Cada alumno/a tiña que responder correctamente ás dúas preguntas que lle tocaban, para conseguir unha peza dun puzzle, ao final, coas pezas reunidas entre todos os membros do grupo, debían adiviñar que se agochaba tras ese pluzzle.

Recapitulamos un pouco...

Ao longo do proxecto do Universo, fomos traballando:

- Cómo se formou o Universo: teoría do Big Bang.

- Os diferentes astros que compoñen o Universo e as súas características: estrelas, planetas, satélites, cometas, asteroides, meteoritos, estrelas fugaces... galaxias, constelacións, sistemas...

- Aprendemos a buscar información en Internet, a seleccionala e a elaborar a nosa propia.

- Iniciámonos na elaboración de mapas conceptuais.

- Aprendemos a pasar dunhas unidades de medida a outras (unidades astronómicas, anos luz, quilómetros... e para iso traballamos cos números decimais).

- O Sistema Solar: quen o forma e cómo funciona.

- Teorías relacionadas co Sistema Solar: xeocéntricas e heliocéntricas xunto cos principais astronómos de cada unha.

- Elaboramos unha maqueta do Sistema Solar, respectando as distancias entre os planetas e o Sol, e os tamaños e características físicas dos diferentes corpos.

- Elaboramos unha liña do tempo e situamos nela os astrónomos (traballamos aquí os séculos e ás súas relacións cos anos, calculamos datas de nacemento e morte, calculamos medias aritméticas e situamos unha data dentro dun século).

- Lemos e comentamos textos sobre as misións espaciais, a Guerra Fría, e os animais no espazo.

- Coñecemos diferentes observatorios astronómicos e diferentes tipos de aparellos que o home envía ao espazo.

23 feb 2013

NOVIDADES NO APARTADO PARA AS FAMILIAS

Fun actualizando este apartado con diferentes tipos de informacións, que seguirei actualizando ao longo de todo o curso. Nel podedes atopar:

Información sobre o PROXECTO ABALAR.

Metodoloxías educativas.

Documentos de axuda.

ETC.

Espero vos sirva de axuda. Calquera dúbida que teñades podedes comentala no blogue ou ben poñervos en contacto conmigo.

Un saúdo.

RAZONAMIENTO LÓGICO- MATEMÁTICO

Os dejo un enlace con diversas actividades para trabajar el razonamiento lógico- matemático.

El razonamiento lógico- matemático es muy importante para poder relacionar conocimientos de diferentes tipos, además de ayudarnos a tener una mejor percepción espacial.

No sólo ayuda en las matemáticas, sino también en otros aspectos de nuestras vidas y es muy útil para construír conocimientos en todas las áreas.

Además este tipo de actividades son muy entretenidas y nos ayudan a mejorar la concentración y la atención.

¡BUEN FIN DE SEMANA!

Pinchar en la imagen para acceder


21 feb 2013

AGUDEZA VISUAL

Hoxe imos variar un pouco a actividade dos venres. Farémola a través do blogue, así todos e todas aprenderedes a facer un comentario no blogue, para que poidades comentar en outras entradas cando queirades.

A ver cantos tigres sodes capaces de localizar na imaxe... Concentrádevos ben, que só ides ter un par de minutos...


17 feb 2013

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO

Recordade que mañá comezamos a avaliar os vosos mapas mentais- conceptuais, e que tedes que explicalos, explicando tamén cada un dos conceptos que alí figuran.



O venres se xa todos os mapas mentais foron avaliados, faremos O TRIVIAL DO UNIVERSO, para o que tamén precisades repasar os contidos traballados.



15 feb 2013

NOVIDADES


Chic@s!!! Tedes cousas novas nos apartados de MATES, GALEGO e CASTELÁN. No de COÑE, non engadin nada, porque penso que con todo o que  hai ahí sobre o tema do Universo, tedes para pasar moitas horas!!! 




A ver se lle botades un ollo no tempo libre que hai cousas moi interesantes!!!

Boa fin de semana, 
traballade moito nos mapas mentais de COÑE e nas tarefas de MATES!!!

12 feb 2013

TALLER DE CUENTOS...

Seguimos trabajando en los cuentos que estamos creando, tenemos la INTRODUCCIÓN de los cuentos casi lista... Describimos a todos los personajes que van a intervenir y también todos los escenarios en los que van a suceder los hechos de nuestro cuento.

Ahora toca corregir estas descripciones para montar ya la introducción de lo que va a ser nuestro cuento.

Para esto, necesitamos recordar diversos aspectos para escribir correctamente: la ortografía, los signos de puntuación...

En los siguientes enlaces iremos practicando estos aspectos (ir)

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO

Recordade que tedes que ir perfeccionando o voso mapa mental- conceptual sobre o UNIVERSO, xa que na semana do 18 ao 22 de febreiro, teredes que explicar o voso propio mapa.


Para aclarar conceptos e recordar os aprendidos, pasade ao portafolios todo o que fomos aprendendo sobre o UNIVERSO: 

Aquí tedes un enlace cos conceptos traballados (ir).

Non vos olvidedes que imos realizar tamén un xogo, tipo trivial na aula para comprobar o que tedes aprendido.


O xoves 14 e o venres 15, darémoslle unha nova oportunidade á MAQUETA DO SISTEMA SOLAR, se non se remata nesas dúas sesións, repartiredes o traballo entre os membros do grupo, e cada un fará a parte que lle toca na súa casa... Deixaremos unha sesión máis para montar a maqueta unha vez que traiades todo rematado.

10 feb 2013

ANTROIDO 2013

Aquí están os nenos e nenas de 5ºA celebrando o ANTROIDO 2013... Primeiro baixamos todos xuntos a sacar unhas fotografías polo patio, logo asistimos ó guateque do cole, e por último degustamos pratos típicos  do antroido... Estaba todo riquíiiiisimo... Fixemos un concurso cos compañeiros de 6ºB, no que hubo tres diplomas para os tres pratos máis votados...