Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

22 ene 2013

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO

O mércores día 9 de xaneiro, comezamos un novo proxecto de coñecemento do medio, no cal traballaremos diferentes aspectos do UNIVERSO, A TERRA, O SISTEMA SOLAR, AS FORZAS E O MOVEMENTO, A MATERIA... e outros aspectos que vaian xurdindo ao longo do proxecto.



Comezamos cunha choiva de ideas, expoñendo todo o que sabían os nenos/as sobre o UNIVERSO. Foron escribindo todo o que sabían...






Investigaron o que é o universo, cómo se formou, que hai nel e que lugar ocupa a Terra dentro do mesmo... Ao comezar coa tarefa de investigación, foron xurdindo outras dúbidas, que fomos escribindo no noso TABOLEIRO DE APRENDIZAXES.






Este proxecto, conta cun espazo físico na aula, no que temos o TABOLEIRO DE APRENDIZAXES, e diferentes materiais que foron achegando as mestras María e Fani, e tamén algúns alumn@s colaboradores. Poden traer todo o que queiran para facer medrar o noso "pequeno Universo", e ampliar así os recursos para traballar no proxecto.

Para ver o proxecto completo, pica no seguinte enlace:

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO

Ou ben, accede a el, na pestana de COÑECEMENTO, e despois pica no proxecto.


Para ver o taboleiro de aprendizaxes do proxecto (ir)

Para ver recursos do proxecto (ir)

No hay comentarios:

Publicar un comentario