Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

28 ene 2013

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe pola mañá, na hora de COÑE, acudimos á biblioteca municipal, coa finalidade de que os nenos e nenas de 5ºA vexan que teñen moitas fontes de información á súa disposición.

Nos últimos anos estamos a centrar todas as nosas fontes de información na rede (Internet), o que nos fai deixar "de lado" outras tan importantes coma son os libros. Así que os alumnos e alumnas de 5ºA, coma bos investigadores que son, están a facer un bo traballo de investigación con isto do UNIVERSO, polo que van contrastando diferentes fontes...


Mañá na aula, comentaremos os PROS e os CONTRAS tanto dos libros coma de Internet... Mentras tanto, unhas fotos da agradable sesión de hoxe na biblioteca municipal... 







Por certo... o xoves volveremos... E xa sabedes que podedes ir cando queirades no horario que vos indicaron...



Para ver o taboleiro de aprendizaxes do proxecto (ir)

Para ver recursos do proxecto (ir)

No hay comentarios:

Publicar un comentario