Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

4 dic 2012

INAUGURANDO ABALAR...

Hoxe os nenos e nenas de 5ºA tiveron o seu primeiro contacto cos equipos de ABALAR, estivemos aprendendo cousas básicas para desenvolvernos con eles...

Mañá comezamos un proxecto de MATEMÁTICAS para traballar as fraccións... Será moi interesante e divertido... Xa que vos pode axudar nun futuro a preparar a vosa propia FESTA DE CUMPREANOS ...


Con isto aprenderemos a utilizar as matemáticas no noso día a día: sumas, restas, multiplicacións, divisións, fraccións, as moedas e os billetes, a tomar decisións, saber o que é caro e barato, a escribir unha lista da compra, facer invitacións... E sobre todo valorar o esforzo que supón prepara unha festa de cumpreanos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario