Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

11 dic 2012

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Onte, luns 10 de decembro, os nenos e nenas de 5ºA, xunto cos nenos de 4ºA e 4ºB, acudimos a un acto organizado pola Asociación AMBAR. O lema deste acto era "PALABRAS EN ACCIÓN/ PALABRAS EN LIBERDADE".

Co fin de reivindicar os dereitos humanos, organizáronse varios Obradoiros que se levaron a cabo dende a Praza do Concello ata as rúas peonís de Ribeira.

Pasámolo moi ben, e aprendemos un montón de cousas: solidariedade, amor, xustiza, igualdade...

Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos e o participativos que estiveron tod@s!!!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario