Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

22 dic 2012

FESTA DE NADAL

O venres 21, estivemos celebrando unha pequena festa de NADAL, os nenos e nenas de 5ºA trouxeron os seus postres navideños, e uníronse a nós os nenos e nenas de 6º B.












Fixemos un concurso entre todos os postres... O xurado formouse con dous nenos de 5ºA e dous de 6ºB, foron probando todos os postres e despois votaron... Menudo Festín!!!

Estes foron os tres gañadores:

3º PREMIO:

2º PREMIO:

1º PREMIO:



SESIÓN DE CINE

O xoves 20, os nenos e nenas do terceiro ciclo asistiron ao CINE: TI QUE MIRAS? do CEIP O GRUPO:

Esta foi a carteleira:


As salas estiveron cheas e pasamos unha mañá moi entretida...

12 dic 2012

PRESENTACIÓN DOS ECOSISTEMAS II

Hoxe comezamos a expoñer os diferentes ecosistemas traballados...

Tocoulle a quenda aos polos e á selva.

O grupo 3, traballou nos polos. Aquí deixo o vídeo da presentación e da ronda de preguntas.




E, o grupo 1, traballou na selva. Aquí deixo o vídeo da presentación e da ronda de preguntas.




Hai que ver como mellorástedes dende a primeira presentación a esta!!!

11 dic 2012

PRESENTACIÓN DOS ECOSISTEMAS

Despois de case tres semanas investigando e traballando nos ecosistemas...

De case tres semanas discutindo cos compañeir@s sobre o que quedará mellor ou peor...

De case tres semanas de dura loita entre os alumn@s e máis eu...

Están rematados os murais dos ECOSISTEMAS!!!

Mañan comezamos as exposicións!!! Espero que todo vos saia moi ben... Xa que isto é o froito de todo o voso traballo!!!







10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Onte, luns 10 de decembro, os nenos e nenas de 5ºA, xunto cos nenos de 4ºA e 4ºB, acudimos a un acto organizado pola Asociación AMBAR. O lema deste acto era "PALABRAS EN ACCIÓN/ PALABRAS EN LIBERDADE".

Co fin de reivindicar os dereitos humanos, organizáronse varios Obradoiros que se levaron a cabo dende a Praza do Concello ata as rúas peonís de Ribeira.

Pasámolo moi ben, e aprendemos un montón de cousas: solidariedade, amor, xustiza, igualdade...

Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos e o participativos que estiveron tod@s!!!

















5 dic 2012

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Mañá Día 6 de Decembro é festivo nacional, debido a que está de aniversario a Constitución Española... Pero... Que é iso? Botade un ollo a este sinxelo conto para que saibades un pouco máis... O venres falaremos na clase da Constitución...
 

  
Pinchade no enlace para ver o vídeo:
 
 
 
 

4 dic 2012

INAUGURANDO ABALAR...

Hoxe os nenos e nenas de 5ºA tiveron o seu primeiro contacto cos equipos de ABALAR, estivemos aprendendo cousas básicas para desenvolvernos con eles...

Mañá comezamos un proxecto de MATEMÁTICAS para traballar as fraccións... Será moi interesante e divertido... Xa que vos pode axudar nun futuro a preparar a vosa propia FESTA DE CUMPREANOS ...


Con isto aprenderemos a utilizar as matemáticas no noso día a día: sumas, restas, multiplicacións, divisións, fraccións, as moedas e os billetes, a tomar decisións, saber o que é caro e barato, a escribir unha lista da compra, facer invitacións... E sobre todo valorar o esforzo que supón prepara unha festa de cumpreanos!!!

29 nov 2012

MÁIS ECOSISTEMAS...

Os ecosistemas dos nenos e nenas de 5ºA xa están en marcha... en breves rematarán o mural que están elaborando sobre os diferentes ecosistemas...
















Aquí vos deixo máis páxinas web para que investiguedes un pouco máis sobre os ecosistemas que estamos traballando... A ver se na fin de semana descubrides algo máis para engadir ao voso traballo!


INVESTIGAR...