Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

30 may 2013

EXPOSICIÓN DO TRABALLO COA WEBQUEST

Mañá comezamos as exposicións dos traballos realizados coa WEBQUEST.

Aquí tedes o enlace á webquest (ir)


O primeiro grupo que vai expoñer, vainos falar da xeosfera, dos volcáns e dos terremotos, non vos esquezades de ler o documento que vos pasaron os compañeiros/as para que saibades de qué vai o seu traballo, deixovos o enlace a este documento tamén (ir)

Prestade atención, porque teredes que engadir ao voso portafolios, no apartado do proxecto "Que aprendemos?" as seguintes cuestións:

- Que é a xeosfera?

- Partes da xeosfera e definición de cada unha delas. Debuxo.

- Que é un volcán?

- Que é unha erupción?

- Que é un volcán activo? E inactivo?

- Partes dos volcáns. Debuxo.

- Que é un terremoto?

- Que é o epicentro? E o hipocentro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario