Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

30 may 2013

EXPOSICIÓN DO TRABALLO COA WEBQUEST

Mañá comezamos as exposicións dos traballos realizados coa WEBQUEST.

Aquí tedes o enlace á webquest (ir)


O primeiro grupo que vai expoñer, vainos falar da xeosfera, dos volcáns e dos terremotos, non vos esquezades de ler o documento que vos pasaron os compañeiros/as para que saibades de qué vai o seu traballo, deixovos o enlace a este documento tamén (ir)

Prestade atención, porque teredes que engadir ao voso portafolios, no apartado do proxecto "Que aprendemos?" as seguintes cuestións:

- Que é a xeosfera?

- Partes da xeosfera e definición de cada unha delas. Debuxo.

- Que é un volcán?

- Que é unha erupción?

- Que é un volcán activo? E inactivo?

- Partes dos volcáns. Debuxo.

- Que é un terremoto?

- Que é o epicentro? E o hipocentro?

16 may 2013

INCLUSIÓN...

A inclusión nas aulas, motivo de debate para a toda a comunidade educativa...

Por que non preguntarlle aos alumnos e alumnas?

Eles tamén teñen algo que opinar, xa que, ó fin e ó cabo, son os que o viven...

Aquí tedes unha breve intervención de seis alumnos e alumnas voluntarios, de entre 10 e 11 anos que quixeron falar un chisquiño deste tema...





LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

O alumnado de 5ºA, preparou este vídeo para presentar o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, levado a cabo polo CEIP O GRUPO, o pasado Luns 13 de maio.

Despois de un arduo traballo de investigación (información, imaxes...), crearon este vídeo, que esperemos que sexa do voso agrado. Aquí está o resultado:



MÁIS WEBQUEST...

Esta é a WEBQUEST: AS CAPAS DA TERRA, na que estamos a traballar na aula. O traballo de investigación e elaboración de documentos xa está case rematado, e os nenos e nenas de 5ºA fixérono DE MARAVILLA!!!

Agora só nos queda ultimar detalles, facer as presentacións ao resto de compañeiros/as e avaliar o noso traballo!

WEBQUEST: AS CAPAS DA TERRA (IR)








6 may 2013

PARA REPASAR LOS VERBOS

Os dejo un enlace con actividades para repasar los verbos.

PARA REPASAR LOS VERBOS (IR)

¡Siempre es más fácil estudiar haciendo actividades y juegos que cogiendo un folio y repetirlo muchas veces!

También podéis acceder a ellas a través del aula virtual, en el apartado de LENGUA.