Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

8 mar 2013

PROXECTO: NÓS NO UNIVERSO. A TERRA

Xa levamos uns cantos días aprendendo cousas sobre a Terra.




Xa sabíamos que A Terra é un planeta, que se atopa no Universo, dentro dunha galaxia chamada Vía Láctea, máis concretamente no Brazo de Orión; e forma parte dun sistema, o Sistema Solar. É o terceiro planeta máis próximo ao Sol.








Sabemos que ten dous movementos. O de rotación, e o de traslación. O movemento de rotación da lugar ó paso das horas e ó día e a noite.

Coñecemos as principais liñas imaxinarias: eixo terrestre, paralelos e meridianos. E estamos aprendendo a localizar as coordenadas dun punto no planisferio, dando a latitude e a lonxitude.

Agora imos profundizar un pouco máis nos sistemas de representación. Xa sabemos que os máis utilizados son o globo terráqueo e o planisferio. Imos utilizar o planisferio (ou plano), para aprender un pouco de xeografía: os continentes, cidades importantes do mundo, Europa, e pasar finalmente a España.

Nas próximas sesións imos comezar a coñecer a organización territorial de España (provincias, países limítrofes, as institucións do noso país...).

Ao finalizar isto, daremos paso ao movemento de traslación da Terra, con todas as súas consecuencias: as estacións, os equinoccios e os solsticios, o paso dos anos, o clima... Xunto coas forzas de gravidade (forzas e movementos).

Continuaremos coa lúa e as súas fases, a relación cos meses, e coñeceremos os eclipses de Sol e de Lúa.



Para finalizar, traballaremos as capas da Terra:


- O interior da Terra: cortiza, manto e núcleo (volcáns e terremotos).

- A litosfera: a deriva continental e o relevo de España (montañas, chairas, costas...).

- A hidrosfera: as augas superficiais e subterráneas, qué son e cales son as principais de España (ríos, mares, océanos, etc.).

- A atmosfera: coñeceremos cómo se forma a choiva, a neve e o xeo. Traballaremos tamén aquí os estados da materia, e o ciclo da auga; xunto coa problemática da capa de Ozono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario