Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

15 nov 2012

O MAGOSTO



Mañá é o día no que celebramos O MAGOSTO no CEIP O Grupo. Hai varias actividades organizadas para a mañá. Déixovos un adianto do que imos facer:

De 09:00 a 09:45, imos para a aula a explicar o que imos facer ao longo da mañá, e facer o cucurucho para as castañas.

De 09:45 a 10:40, iremos ao patio a facer diversos xogos co resto de alumnos e alumnas do terceiro ciclo.

De 10:40 a 12:30, a mestra María José, a mestra María e máis eu témosvos preparada unha actividade sorpresa. Unicamente vos pedín unhas cousiñas: roupa cómoda e calzado cómodo (chándal e tenis).

De 12:45 a 13:45, degustaremos as castañas. Recordade traelas da casa os que non o fixechedes xa.

Ás 13:45, subiremos as aulas para recoller as nosas cousas e irnos para a casa.

Espero que tod@s o pasedes moi ben mañá!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario