Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

29 nov 2012

MÁIS ECOSISTEMAS...

Os ecosistemas dos nenos e nenas de 5ºA xa están en marcha... en breves rematarán o mural que están elaborando sobre os diferentes ecosistemas...
















Aquí vos deixo máis páxinas web para que investiguedes un pouco máis sobre os ecosistemas que estamos traballando... A ver se na fin de semana descubrides algo máis para engadir ao voso traballo!


INVESTIGAR...


23 nov 2012

CRISE ECONÓMICA


Como saíu o tema da crise na aula, gustaríame que expresárades aquí as vosas opinións, e que explicárades tamén porque vos sentides mal e culpables en certa maneira por ter todo o que tedes en relación a outros nenos e nenas, tal e como me dixechedes na aula...

Invítovos a que reflexionedes un pouco e escribades o que pensades... Podedes opinar tamén sobre o que poderiamos facer entre todos para intentar solucionar isto...




Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e por ser tan solidarios como me demostrades todos os días na aula!!!

OS ECOSISTEMAS

Despois de traballar os diferentes ecosistemas de España, imos a crear o noso propio, relacionando os contidos traballados nos ecosistemas de España, cos ecosistemas en xeral.

Aquí vos deixo o enlace para que vaiades vendo o que imos facer...

Se queredes podede buscar imaxes en libros ou revistas que teñades na casa e traelos para fotocopiar e engadir despois ao voso ecosistema!!!