Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

19 oct 2012

LINGUA GALEGA


O MARTES 23 DE OUTUBRO, realizaremos unha proba das unidades didácticas 1 e 2 de Lingua Galega. Os contidos que hai que repasar son:





- Lectura dun texto (narrativo ou poema) e cuestións.

- Identificar as partes dun poema: ritmo, verso, estrofa.


- Fórmulas de cortesía (saudar, despedirse, pedir cousas...).


- A personificación nos poemas.


- O diccionario e as súas partes (palabras guía, entradas, acepcións, categoría gramatical) . Buscar palabras no diccionario e ordear alfabeticamente.


- A lingua e a linguaxe.


- A gheada e o seseo.


- Palabras sinónimas.


- Oracións e frases.


- Suxeito e predicado (núcleo e complementos).


- Clasificación de palabras, segundo o número de sílabas (monosílabas, bisílabas, trisílabas, polisílabas), e segundo a súa sílaba tónica (agudas, graves e esdrúxulas).


Pinchade aquí para descargar as actividades que vos comentei. Tamén están no apartado de galego xunto con moitas outras.


Boa fin de semana! E traballade un pouco!


P.D.: Se tedes algunha dúbida preguntádea nesta entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario