Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

31 oct 2012

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Os nenos e nenas de 5ºA trouxeron unhas cabazas moi bonitas e traballadas:




Estiveron expostas no centro durante estes días:





E hoxe, viñeron disfrazados, estaban moi guapos e divertidos:






PRESENTACIÓNS "A FOTOSÍNTESE"



Aquí tedes as vosas presentacións da fotosíntese! Recordade que o luns día 5, expoñerémolas na aula!







29 oct 2012

TRABALLO "A FOTOSÍNTESE"

Os nenos e nenas de 5ºA traballando para presentar o traballo sobre a fotosíntese. O mércores 31 de outubro será o día no que expoñan os seus traballos na aula. Xa teñen as súas presentacións en power- point case rematadas, e son todos uns expertos na FOTOSÍNTESE!!! 

TRABALLANDO NA AULA DE INFORMÁTICA:


ELABORANDO OS TRABALLOS COA INFORMACIÓN DE INTERNET:














27 oct 2012

O SAMAÍN


Recordade que o luns 26 podedes comezar a traer as vosas cabazas para decorar o centro... E o mércores día 31, animádevos a vir disfrazados!!!!



23 oct 2012

A FOTOSÍNTESE

Mañá día 24 de outubro comezamos un traballo de investigación en grupos sobre a fotosíntese. 

Para realizalo, iremos á aula de informática a buscar toda a información que precisamos... 

Con todo o recollido faremos unha presentación en power- point, que despois expoñeremos na aula aos nosos compañeiros e compañeiras... 

Para a semana colgaremos todas as presentacións no blogue!!! MANS Á OBRA!!!

19 oct 2012

LINGUA GALEGA


O MARTES 23 DE OUTUBRO, realizaremos unha proba das unidades didácticas 1 e 2 de Lingua Galega. Os contidos que hai que repasar son:





- Lectura dun texto (narrativo ou poema) e cuestións.

- Identificar as partes dun poema: ritmo, verso, estrofa.


- Fórmulas de cortesía (saudar, despedirse, pedir cousas...).


- A personificación nos poemas.


- O diccionario e as súas partes (palabras guía, entradas, acepcións, categoría gramatical) . Buscar palabras no diccionario e ordear alfabeticamente.


- A lingua e a linguaxe.


- A gheada e o seseo.


- Palabras sinónimas.


- Oracións e frases.


- Suxeito e predicado (núcleo e complementos).


- Clasificación de palabras, segundo o número de sílabas (monosílabas, bisílabas, trisílabas, polisílabas), e segundo a súa sílaba tónica (agudas, graves e esdrúxulas).


Pinchade aquí para descargar as actividades que vos comentei. Tamén están no apartado de galego xunto con moitas outras.


Boa fin de semana! E traballade un pouco!


P.D.: Se tedes algunha dúbida preguntádea nesta entrada.

11 oct 2012

MATEMÁTICAS

O vindeiro LUNS 15 de OUTUBRO, faremos unha poba de matemáticas. No apartado de matemáticas tedes novos exercicios para practicar, e non vos olvidedes de facer as actividades das páxinas 14 e 15 para repasar.

A proba terá exercicios de todo o que traballamos nesta primeira unidade: 

- Descomposición de números e lectura.
- Ordenar números.
- Números romanos.
- Problemas (revisade os pasos no portafolios).


Se tedes algunha dúbida podedes preguntala a través do blogue no apartado de MATEMÁTICAS ou nesta mesma entrada!!! 

Boa fin de semana a tod@s!!!

P.D.: Botade un ollo ó apartado de COÑECEMENTO, engadín alí a proba que fixemos hoxe na aula para os que queiran revisar os contidos, e para que vosos pais, nais, avós... poidan vela...

6 oct 2012

COÑECEMENTO



O vindeiro xoves 11 de outubro, faremos unha pequena proba de coñecemento do medio, cos seguintes contidos:

- Diferencia entre seres vivos e inertes.


- Funcións vitais dos seres vivos.


- Animais vertebrados e invertebrados.


- A célula: que é? partes da célula animal, partes da célula vexetal, diferencias entre células animais e vexetais.


- Seres unicelulares e pluricelulares.


- Os reinos dos seres vivos.


- Niveis de organización dos seres vivos.


3 oct 2012

A CÉLULA

Por fin rematamos os murais das células animais e vexetais!!!! 



 Os nenos e nenas de 5ºA traballando nos seus murais sobre as células animais e vexetais...