Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

25 sept 2012

A LIBRETA VIAXEIRA


Todos os nenos e nenas de 5ºA teñen unha "libreta viaxeira" (ou axenda), que servirá para as comunicacións entre as familias e a mestra. Nela, os alumnos/as anotan as tarefas que deben facer na casa, ou información para as familias. Tamén a mestra escribirá información para os pais. Pídolles que revisen esta axenda con frecuencia, xa que é un medio para comunicarse, e as notas alí escritas pola mestra deben vir firmadas da casa, para comprobar que se recibiu a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario