Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

25 sept 2012

REUNIÓN COAS FAMILIAS

O vindeiro Martes día 2 de outubro, celebraráse a reunión coas familias dos alumnos e alumnas, será ás 17:30 na aula de 5ºA

Prégase a asistencia de todos e todas. 

Se alguén non puidese asistir, que se poña en contacto conmigo a través da libreta viaxeira, para concertar outra cita.

Mañan os nenos/as levarán unha nota na "libreta viaxeira" con esta información, que terá que vir asinada.

A LIBRETA VIAXEIRA


Todos os nenos e nenas de 5ºA teñen unha "libreta viaxeira" (ou axenda), que servirá para as comunicacións entre as familias e a mestra. Nela, os alumnos/as anotan as tarefas que deben facer na casa, ou información para as familias. Tamén a mestra escribirá información para os pais. Pídolles que revisen esta axenda con frecuencia, xa que é un medio para comunicarse, e as notas alí escritas pola mestra deben vir firmadas da casa, para comprobar que se recibiu a información.

22 sept 2012

3.. 2... 1...

Despois desta semana que levamos coñecéndonos, chega o momento de comezar o novo curso, e con él, este blogue, no que iremos amosando a nosa andadura en 5ºA. ¿Listos? ¡Empezamos!