Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

21 jun 2013

FIN DE CURSO...

DESPEDIDA...

Para os meus alumn@s, porque tod@s e cada un de vos, tedes algo que vos fai especiais... Non o esquezades!


Un bico enorme!



17 jun 2013

A PREHISTORIA...

Hoxe fomos ao "Parque de San Roque", para asistir a unha actividade sobre a Prehistoria. Nela iamos a: escoitar unha exposición sobre a prehistoria en Galicia, e máis concretamente na nosa zona, O Barbanza, ver unha exposición con actividades moi divertidas, facer un taller de castros, e por último unhs xogos ao aire libre...

E aínda que a choiva nos augou a festa e tivemos que voltar antes de tempo, pasamos unha mañá moi entretida:






Aprendemos un montón de cousas, ímolas recordar!

A PREHISTORIA (ir)

Actividades sobre a prehistoria (ir)




5 jun 2013

PRESENTACIÓN GRUPO III. A HIDROSFERA.

Hoxe expuxo o seu traballo o último grupo, formado por Emma, Ángela, Ana Dosil, Adnan, Brais e Christian.

Aquí tedes os vídeos. Neste caso son tres, o da exposición, o do experimento e o da ronda de preguntas!




PRESENTACIÓN GRUPO IV. A ATMOSFERA.

Onte, Ana Dios, Aitana, Álvaro, Laura, Adrián e José Antonio, expuxeron o seu traballo sobre a ATMOSFERA.



PRESENTACIÓN DO GRUPO II.

O luns, Uxía, Iria, Alberto, Nerea, Nadia e Noemí expuxeron o seu traballo, neste caso a LITOSFERA.

Aquí tedes os vídeos da presentación e da ronda de preguntas!


1 jun 2013

PRESENTACIÓN DO GRUPO I.

Xurxo, Noelia, Miguel, Pablo e Diego, xa fixeron a súa presentación do traballo.
Faláronnos da xeosfera, das súas partes, dos volcáns e dos terremotos.
Aquí tedes os vídeos da presentación e da ronda de preguntas para que vexades o ben que o fixeron!