Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

26 abr 2013

PARA OS MEUS ALUMN@S...

Para vós... Porque todos e cada un de vós tedes algo que vos fai especiais... Non o dubidedes...




ACADANDO OBXECTIVOS...

webquest



Despois de todo o traballado ao longo do curso, xa estamos preparados para iniciarnos nunha nova maneira de traballar, a través das webquest.

As webquest, son actividades de investigación utilizando recursos de internet, para elaborar un producto final e de maneira colaborativa.

As webquest integran todos os principios dunha aprendizaxe constructivista, na que o alumnado aprende a través do descubrimento guiado. O mestre actúa como guía, nunca como transmisor de coñecementos, para que os alumnos e alumnas poidan construir a súa propia aprendizaxe.



Para ler mais sobre as webquest picar no seguinte enlace:







18 abr 2013

SEGUIMOS COAS FASES DA LÚA...

Hoxe traballamos un pouco máis as fases da Lúa, despois de ter claro cales son as fases da Lúa, cal é a posición da Lúa con respecto á Terra en cada unha delas, canto dura cada fase, o calendario lunar, e moitas outras cousas...

Construimos as fases da Lúa con galletas óreo!!!

Mirade que chulas quedaron!!! E as que sobraron... comémolas todas!!!















17 abr 2013

GOTAGOTHAM

gotagotham


Onte, viñeron ao noso cole unhas "mestras" moi especiais, que nos achegaron ao mundo GOTAGOTHAM.

GOTAGOTHAM, é un programa educativo promovido por AQUAGEST e o Concello, que axuda aos nenos a comprender un pouco mellor os ciclos da auga: o natural e o urbano.

Os alumnos/as de 5ºA pasaron unhas sesións moi divertidas aprendendo un montón de cousas.

Aquí tedes o enlace para acceder a este programa tan interesante:



















E, ao rematar, tod@s recibiron o seu diploma de EXPERTOS EN AUGA, e uns regaliños: