Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

17 abr 2013

A LÚA

aemptylua


Seguimos traballando ó redor do UNIVERSO, e agora tocoulle á LÚA...

Despois de investigar sobre o seu aspecto físico, dimensións, distancia media á Terra, os seus movementos, etc. Fixemos este SOBRE LUNAR, para que nos quedasen mais claras as súas fases, e poder seguir aprendendo cousas sobre a LÚA e a influenza que esta ten sobre o noso planeta: A TERRA.













12 abr 2013

PÓSTER DAS ESTACIÓNS

posteremptydasemptyestacions


Estivemos traballando o movemento de traslación da Terra e as súas consecuencias. 
Unha delas é o paso do tempo (os anos) e directamente relacionada o paso das estacións. Aprendemos a diferenciar entre solsticios e equinocios, cómo inflúe a posición da Terra con respecto ao Sol para dar lugar ás estacións do ano, cómo inciden os raios solares na Terra en cada unha das estacións, o clima de cada estación, a influenza da inclinación do eixo terrestre sobre as estacións...

Aquí están os pósters finalizados, ademáis os alumn@s de 5ºA explicaron moi ben o que sucede en cada caso:







5 abr 2013

DESPEDIDA...

Hoxe foi un día especial para todos os que formamos parte de 5ºA.

A mestra María Beceiro rematou a súa andadura con nós...

Tróuxonos unha fantástica merenda...

Logo os seus alumnos e alumnas regaláronlle unhas bonitas palabras, explicándolle o que significou para eles a súa presenza na nosa aula.

Sen dúbida acordarémonos dela todos os días, e dende aquí invitala a que volva a estar con nós cando queira, que a porta da nosa clase sempre vai estar aberta se algún día quere volver compartir o seu entusiasmo e dedicación por esta profesión...

GRAZAS POR TODO MESTRA MARÍA!!!

 
 
 
 
 


GRAZAS POR TODO O QUE APRENDEMOS CONTIGO!!!