Non só ensines ao teu fillo a ler, ensínalle a cuestionar o que le... ¡Ensínalle a cuestionalo todo!

George Carlin

16 nov 2012

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Aquí tedes as fotos que sacamos hoxe... Aínda que non se puido facer todo o previsto, ao final pasámolo moi ben...

Primeiro baixamos ao patio a xogar aos xogos populares: zancos, corda, a rá, os birlos...

Despois estivemos na aula facendo e decorando os nosos cucuruchos...

Baixamos a comer as castañas e cantar unhas cancións...






E por último, os compañeiros de 6ºB convidáronos ao seu concorso de COCICASTAÑA e puidemos degustar os seus exquisitos postres. Moitas grazas compañeiros/as!!!










15 nov 2012

O MAGOSTO



Mañá é o día no que celebramos O MAGOSTO no CEIP O Grupo. Hai varias actividades organizadas para a mañá. Déixovos un adianto do que imos facer:

De 09:00 a 09:45, imos para a aula a explicar o que imos facer ao longo da mañá, e facer o cucurucho para as castañas.

De 09:45 a 10:40, iremos ao patio a facer diversos xogos co resto de alumnos e alumnas do terceiro ciclo.

De 10:40 a 12:30, a mestra María José, a mestra María e máis eu témosvos preparada unha actividade sorpresa. Unicamente vos pedín unhas cousiñas: roupa cómoda e calzado cómodo (chándal e tenis).

De 12:45 a 13:45, degustaremos as castañas. Recordade traelas da casa os que non o fixechedes xa.

Ás 13:45, subiremos as aulas para recoller as nosas cousas e irnos para a casa.

Espero que tod@s o pasedes moi ben mañá!!!



7 nov 2012

COÑECEMENTO



O luns 12 de novembro, recordade que temos a proba de coñecemento. Hai que estudiar os seguintes contidos (ou máis ben repasalos, porque algúns xa tiñan que estar máis que aprendidos...):

- Os grupos das plantas: plantas con flores e plantas sen flores.

- A fotosíntese.

- A reprodución sexual das plantas: as flores, a polinización, a formación do froito e da semente, a xerminación da semente.

- A reprodución asexual das plantas: estolóns, rizomas e tubérculos.

- A función de relación das plantas.


MATES


CONTROL DE MATES

O venres 11 de novembro faremos un control da unidade didáctica 2 de matemáticas. Os contidos que van entrar son:

- Propiedades da suma.

- Propiedades da multiplicación.

- Xerarquía das operacións. Quen manda máis?

- Estimacións e aproximacións (acordádevos da diferenza entre elas).

- Problemas relacionados cos contidos da unidade.


31 oct 2012

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Os nenos e nenas de 5ºA trouxeron unhas cabazas moi bonitas e traballadas:




Estiveron expostas no centro durante estes días:





E hoxe, viñeron disfrazados, estaban moi guapos e divertidos:






PRESENTACIÓNS "A FOTOSÍNTESE"



Aquí tedes as vosas presentacións da fotosíntese! Recordade que o luns día 5, expoñerémolas na aula!







29 oct 2012

TRABALLO "A FOTOSÍNTESE"

Os nenos e nenas de 5ºA traballando para presentar o traballo sobre a fotosíntese. O mércores 31 de outubro será o día no que expoñan os seus traballos na aula. Xa teñen as súas presentacións en power- point case rematadas, e son todos uns expertos na FOTOSÍNTESE!!! 

TRABALLANDO NA AULA DE INFORMÁTICA:


ELABORANDO OS TRABALLOS COA INFORMACIÓN DE INTERNET: